FOTOGALERÍA | Cultura, música e identidade no Festival Internacional de Gaitas "Vila de Xinzo"

A xornada do sábado arrancou cunha recepción oficial no Museo do Entroido Galego, onde representantes institucionais deron a benvida ás bandas participantes no VII Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo".

Desde alí, as formacións desfilaron polas rúas da vila escoltadas polo exército romano da Asociación Civitas Limicorum, nun percorrido cheo de cor, música e tradición que culminou na Praza Carlos Casares, escenario do inicio oficial do festival.

Xa pola noite, o grupo "En Mala Hora" puxo o broche de ouro cun concerto na Praza Maior, poñendo o punto final a un día inesquecible para Xinzo, marcado pola música, a cultura e o orgullo de manter viva a tradición.