FOTOGALERÍA | Os Reis Magos enchen Xinzo de ilusión nunha tarde máxica

FOTOS: Noelia Caseiro.

Xinzo de Limia viviu unha tarde chea de ilusión e alegría coa visita dos Reis Magos de Oriente. As Súas Maxestades percorreron varias rúas da vila saudando a todas as persoas que se achegaron para velos, nun ambiente festivo e familiar.

O broche final chegou no pavillón de deportes, onde recibiron a toda a cativada. Alí, un por un, os nenos e nenas puideron achegarse aos Reis Magos para facerlles chegar as súas peticións, compartindo momentos de emoción, sorrisos e soños nunha xornada que quedará na memoria como unha auténtica tarde máxica.