FOTOGALERÍA | A festa da retranca conquista o Domingo de Corredoiro

FOTOS: Noelia Caseiro.

O Domingo de Corredoiro converteu Xinzo nun gran escenario de retranca e creatividade, con parodias que fixeron rir a veciñanza e visitantes.

Dende galiñas protestando pola gripe aviar ata nais á porta do colexio ou unha divertida Rural Fashion Week, as comparsas demostraron que a crítica con humor é a alma do Entroido.