FOTOGALERÍA I | Xinzo bótase á rúa para o gran desfile
18 de febrero de 2026 (14:46 h.)
O desfile arrincou cunha resposta masiva do público, que encheu as rúas dende ben cedo para coller sitio. As primeiras comparsas e carrozas abriron o percorrido poñendo ritmo, cor e moita animación, nun comezo que xa deixaba ver o ambiente festivo dunha das citas grandes do Entroido de Xinzo de Limia.