FOTOGALERÍA | A emoción do Santo Enterro regresa ao percorrido tradicional

FOTOS: Noelia Caseiro.
Despois de dous anos sen poder saír pola meteoroloxía, a procesión do Santo Enterro volveu percorrer as rúas de Xinzo cunha gran participación e devoción. O público acompañou o paso nun ambiente solemne e respectuoso, recuperando así unha das tradicións máis sentidas da Semana Santa limiá.