FOTOGALERÍA | O Lethes volveuse escenario de batalla

A XXVI Festa do Esquecemento volveu reunir castrexos e romanos nunha das escenas máis espectaculares da celebración. Os grupos participantes deron vida ao histórico cruce do río Lethes, antes de enfrontarse nunha multitudinaria loita entre castrexos e lexionarios romanos.

Unha recreación cargada de acción, personaxes e público que converteu o río nun dos grandes escenarios desta edición da festa.