GALERÍA | Os nenos de Xinzo, xardineiros por un día

Algúns dos alumnos do CEIP Rosalía de Castro que quixeron compartir a súa experiencia. | Fotos: Concello Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo entregou 60 árbores ás Anpas dos dous CEIPs da vila, con motivo do Día da Árbore; para que as plantasen os rapaces.

O obxectivo disto é o de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das árbores nunha época de pandemia, na que adquirimos unha especial conciencia da necesidade de protexer a natureza. 

Os exemplares foron sorteados entre os escolares, que agora alardean da plantación.