GALERÍA | Xinzo dispón de múltiples locais en aluguer debido á falta de demanda

Local en aluguer na rúa Dous de Maio. | FOTO: Laura Rodríguez.
Local en aluguer na rúa Dous de Maio.
Local en aluguer na rúa da Ladeira.
Local en aluguer na rúa Dous de Maio.
Local en aluguer na rúa do Toural
Local en aluguer na rúa Blanco Amor.
Local en aluguer na praza Maior.
Local en aluguer na avenida de Madrid.
Local en aluguer na avenida de Madrid.
Local en aluguer na avenida de Madrid.
Local en aluguer na rúa Alexandre Bóveda.
Local en aluguer na rúa do Toural.
Local en aluguer na rúa San Roque.
Local en aluguer na praza Maior
Local en aluguer na Avenida de Ourense.
Local en aluguer na avenida de Ourense.
Local en aluguer no cruce da rúa do Formigueiro coa rúa Marcelo Macías.
Local en aluguer na Estación de Autobuses.
Local en aluguer na Estación de Autobuses.
Local en aluguer na rúa de Santa Mariña.

Só con botar unha ollada xeral ao Concello de Xinzo de Limia pódese observar a gran cantidade de carteis de "se alquila" distribuidos ao longo do centro e aforas do pobo. O municipio xa contaba dende facía meses cun gran número de locais e baixos comerciais dispoñibles para arrendar, pero as cifras experimentaron un ascenso trala crise pandémica.

Camila, de Inmobiliaria a Plaza, expón como este último ano aumentou o cese de contratos de arrendamento de locais -a maior parte de pequenos comercios- , e como a crise está levando a que cada vez máis xente teña medo a emprender un novo negocio. Actualmente, na súa empresa contan cunha oferta de máis de 15 locais acondicionados e cun gran número de baixos en estado de obra nova.

A situación faise notoria en determinadas rúas como a Dous de Maio, San Roque, a avenida de Madrid ou en gran parte da zona antiga do concello -establecementos nos que anteriormente había pequenas tendas de roupa, decoración, bares...- .

Pola contra, a demanda de pisos para arrendar encontrase nunha posición totalmente oposta, apenas hai apartamentos ou casas dispoñibles. José Antonio, de Inmobiliaria Invercoisa, confirma a gran problemática da falta de vivendas no concello e expón como só contan con catro libres para o aluguer. En Inmobiliaria a Plaza encóntranse xa nunha situación de tardanza, chegando a ter que manter aos interesados en listas de espera de varios meses.