jueves. 25.04.2024
Xinzo

GALERÍA | Arranca o Novembro Musical de Xinzo con catro bandas de escola galegas

Este sábado ás 16:00 horas deu inicio o programa  "Novembro Musical", un festival organizado pola Agrupación Musical da Limia que ofrecerá diversas actuacións musicais no Concello de Xinzo. Nesta xornada celebrouse o Festival de Bandas Escola, unha sesión convidou a tocar á Banda Escola Municipal de O Porriño, á Banda do CMUS de Verín, á Banda da Escola de Boborás, e á agrupación local da Banda da Escola de Música da Limia.

O evento foi todo un éxito, pois logrou encher máis da metade dos bancos da Igrexa Nova da vila. Xente de todas as idades reuníuse para desfrutrar dunha sesión dúas horas e media de concertos sinfónicos.

A agrupación que inaugurou o comezo do festival foi a Banda do CMUS de Verín. Durante a súa actuación destacou a interpretación dun tema do xénero rock do coñecidísimo grupo Queen, Bohemian Rhapsody, o cal logou levarse a maior parte dos aplausos do público. A banda despediuse con moito ritmo tocando un famoso pasodobre.

Tras o grupo verinense actuou a Banda da Escola Municipal de O Porriño. Os músicos tocaron o coñecido tema de A Cova do Rei Cintolo, e mesmo se atreveron a incluír pequenas intervencións corais. Como punto final incluíron unha pequena actuación na que sorprenderon aos asistentes ao incorporar unha gaita á formación.

En penúltimo lugar participaron os membros de a Banda da Escola de Boborás. Na súa despedida interpretaron o tema tradicional galego, "A miña rosiña", o cal consegueu animar profundamente o ambiente da igrexa.

Finalmente, os locais da Banda da Escola de Música da Limia remataron o festival con pequenos toques humorísticos resaltando a intevención do triángulo nalgúns dos temas musicais que tocaron.

O próximo sábado 13 de novembro continuarán as sesións do Novembro Musical, neste caso cun Festivais de Corais ás 17:00 horas da tarde.

Banda da Escola de Música da Limia 7
1 / 42

Banda da Escola de Música da Limia. | FOTO: Laura Rodríguez.

Banda da Escola de Música da Limia.
2 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 4
3 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 0
4 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 3
5 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 2
6 / 42
Banda da Escola de Música da Limia
7 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 10
8 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 8
9 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 6
10 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 9
11 / 42
Banda da Escola de Música da Limia 1
12 / 42
Banda da Escola de Boborás 5
13 / 42

Banda da Escola de Boborás.

Banda da Escola de Boborás 4
14 / 42
Banda da Escola de Boborás
15 / 42
Banda da Escola de Boborás 6
16 / 42
Banda da Escola de Boborás 2
17 / 42
Banda da Escola de Boborás 1
18 / 42
Banda da Escola de Boborás 3
19 / 42
Banda da Escola de Boborás 7
20 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 4
21 / 42

Banda Escola Municipal de O Porriño.

Banda Escola Municipal de O Porriño 8
22 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 5
23 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 7
24 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 9
25 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 2
26 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño
27 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 3
28 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 6
29 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 10
30 / 42
Banda Escola Municipal de O Porriño 1
31 / 42
Público asistente 2
32 / 42

Público asistente.

Público asistente 1
33 / 42
Banda do CMUS de Verín 2
34 / 42

Banda do CMUS de Verín.

Banda do CMUS de Verín
35 / 42
Banda do CMUS de Verín 4
36 / 42
Banda do CMUS de Verín 3
37 / 42
Entrega de agasallos aos directores
38 / 42

Entrega de agasallos aos directores.

Entrega de agasallos aos directores 3
39 / 42
Entrega de agasallos aos directores 1
40 / 42
Público asistente
41 / 42

Público asistente.

Público asistente 3
42 / 42
GALERÍA | Arranca o Novembro Musical de Xinzo con catro bandas de escola galegas