miércoles. 20.05.2026
Xinzo

Manila Sport Wear gaña o certame de decoración de Nadal do comercio local de Xinzo

O comercio local de Xinzo xa coñece aos gañadores do seu Concurso de Escaparates de Nadal, unha iniciativa promovida pola asociación Prolimia en colaboración coa Concellería de Promoción Económica. O establecemento Manila Sport Wear resultou o mellor valorado polo xurado e acadou o primeiro premio, dotado con 200 euros.

A decisión tomoulla un tribunal con representación tanto do sector comercial provincial como do ámbito municipal. Formaron parte del Beatriz Gómez e Jesús de Dios, da Federación de Comercio de Ourense; Ismael Núñez, presidente de Celanova Chea; Sonia Villamarín, presidenta de Prolimia; o concelleiro Ricardo Sieiro e Marcos Argibay, do gabinete de comunicación do Concello.

Tras analizar todas as propostas presentadas, o tribunal destacou o alto nivel e esforzo dos participantes. O segundo posto foi para Calzados Nayra, que recibiu 150 euros, mentres que o terceiro lugar recaeu en Vima Moda, galardoado con 100 euros. Ademais, o xurado outorgou mencións a Barxe's Sport e Librería Saraiba, completando así a clasificación dos cinco mellores escaparates.

Desde a organización sublíñase a implicación e creatividade de todos os comercios que participaron, contribuíndo a dinamizar a vila e a crear un ambiente festivo que anima as compras e enriquece a experiencia dos veciños e visitantes durante estas datas.

Manila Sport Wear, primeiro premio no Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Xinzo de Limia.
1 / 20

A tenda Manila Sport Wear acadou o primeiro premio no Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Xinzo de Limia.

MAR02136
2 / 20
MAR02142
3 / 20
MAR02152
4 / 20
MAR02020
5 / 20

Calzados Nayra foi o segundo premiado con 150 euros.

MAR02021
6 / 20
MAR02023
7 / 20
MAR02034
8 / 20
MAR02184
9 / 20

O terceiro premio de 100 euros foi parar a Vima Moda.

MAR02187
10 / 20
MAR02191
11 / 20
MAR02200
12 / 20
MAR02163
13 / 20

Barxe´s Sport recibiu unha mención especial do xurado.

MAR02170
14 / 20
MAR02173
15 / 20
MAR02181
16 / 20
MAR02041
17 / 20

A outra mención especial do xurado foi para a Libraría Saraiba.

MAR02043
18 / 20
MAR02046
19 / 20
MAR02048
20 / 20
Manila Sport Wear gaña o certame de decoración de Nadal do comercio local de Xinzo