jueves. 18.04.2024
Xinzo

NOTICIAS XINZO | Ana Pontón amósase "confiada e ilusionada" co proxecto do BNG na vila

O contador para o día das eleccións municipais está cada vez máis preto de chegar a cero, polo que algúns líderes autonómicos xa se deixan ver polas diferentes localidades acompañando aos candidatos. Este é o caso do BNG de Xinzo, que este martes recibiu a visita de Ana Pontón, voceira nacional, para celebrar unha reunión de traballo sobre o proxecto de Camilo Vila, quen encabeza a lista dos nacionalistas para os comicios do 28 de maio.

 

A líder do BNG rematou a xornada de traballo co equipo de Vila "confiada e ilusionada". O candidato nacionalista recibiu ca Pontón na primeira parte desta visita no Xpazo, onde lle comentou o estado do seu plan para conseguir a alcaldía de Xinzo e estudar o encaixe das súas propostas no proxecto do BNG para a Xunta.

 

Posteriormente, Vila e unha boa parte do seu equipo, Manuel Pozo, Alba Feixóo, Marta Joga, Mirian Opazo, Xaira Pena e José Manuel Tareco; traballaron con Pontón arredor dos principais problemas que presenta a vida no concello de Xinzo. Abordaron a ameaza do despoboamento, a falta de traballo, a fenda dixital e a situación financeira da institución. A líder dos nacionalistas animou ao equipo de Vila a continuar bebendo de exemplos exitosos coma Allariz ou Pontevedra. Por outra banda, José Manuel Nieto fixo un percorrido pola evolución, situación e ameazas no sector primario, do que é coñecedor.

 

Por último, a xornada rematou cun percorrido polas rúas para amosar as ideas nas que traballa o BNG de Xinzo para a reforma das avenidas, cun plan multisectorial estratéxico, co comercio e a hostalaría como piares. Camilo Vila confesou a súa ambición “pola ocasión que se presenta de reformular o modelo de vila”. Ademais, nesta saída á rúa, Pontón aproveitou para saudar e falar coa veciñanza limiá.

WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.14.35
1 / 14

Ana Pontón e Camilo Vila. | FOTOS: Noelia Caseiro.

WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.13.30
2 / 14

O equipo do BNG para as eleccións municipais en Xinzo posou xunto á voceira nacional do partido.

WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.14.23 (1)
3 / 14

Pontón tivo tempo de charlar coa veciñanza.

WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.14.23
4 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.14.24 (1)
5 / 14
6 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.16 (2)
7 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.16 (1)
8 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.16
9 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.15 (2)
10 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.15 (1)
11 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.15
12 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 19.15.14
13 / 14
WhatsApp Image 2023-05-02 at 21.31.44_Easy-Resize.com
14 / 14

A reunión de traballo mantívose na sede do BNG local. | FOTO: Cedida.

NOTICIAS XINZO | Ana Pontón amósase "confiada e ilusionada" co proxecto do BNG na vila