NOTICIAS XINZO | Os nenos moven o esqueleto na Gala de Nadal da Academia Danzón

FOTOS: Noelia Caseiro.
)

Un cento de rapaces participaron esta fin de semana na Gala de Nadal da Academia de Baile Danzón, que tivo lugar na Casa da Cultura de Xinzo. Antes de que cada un dos doce grupos subise ó escenario, os nervios estaban presentes entre a cativada que ía mover o esqueleto ante un entregado público. Os pequenos alumnos desta academia bailaron diferentes estilos musicais que puxeron en pé aos asistentes, especialmente ós orgullosos pais.