NOTICIAS XINZO | A Feira do Comercio atrae centos de visitantes locais

A III Feira do Comercio de Xinzo viviu o sábado un sábado cheo de expectativas que non se concretaron até a última hora da tarde, cando centos de visitantes locais se achegaron até o evento no pavillón de deportes. Pola mañá, a afluencia foi maior tamén a última hora, antes do xantar, en competencia coa Feira do 27. En calquera caso, desde a organización valoraron a xornada do venres como mellor que a do ano pasado (a primeira edición que se celebrou no pavillón de deportes), e estimaban a media tarde que o sábado traería tamén mellores resultados en canto afluencia en vendas. Foi un día de compras en familia. Os comercios de calzado e roupa para todas as idades reuniron moito público, animadas as vendas pola proximidade do curso escolar. Pola Feira pasaron, entre outros, o concelleiro de Comercio, Manuel Pérez, e o presidente do Antela, Pablo Losada.

FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia