viernes. 26.04.2024
Xinzo

NOTICIAS XINZO | Os nenos exercen o seu dereito a participar na vida social e política da vila

Os cativos do CEIP Rosalía de Castro visitaron esta mañá o Rexistro do Concello de Xinzo para presentar formalmente diversas peticións ao Goberno municipal. Esta actividade enmarcouse no Día da Infancia e a Adolescencia, que se celebrou o pasado domingo, e no que o CDR O Viso sumouse ó lema "Participamos! É o noso dereito" da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia para darlles voz ao nenos e promover o seu dereito a participar na vida social e política do seu municipio.

 

A entidade, en colaboración co CEIP Rosalía de Castro e a súa ANPA, traballaron con varios cursos de Primaria co obxectivo de interiorizar os dereitos infantís propios e o respecto polos das demais personas. Con dinámicas participativas, alumnos e profesorado conseguiron poñerlle nome aos dereitos e deberes das persoas, valorar o poder da palabra e respectar a intimidade. Esta foi unha primeira parte da actividade, que rematou coa entrega das peticións no Rexistro do Concello esta mesma mañá, coa meta de facer realidade o seu dereito de participación e para darlles voz.

 

As peticións que presentaron hoxe son: o coidado, limpeza e melloras no río Limia; a creación de novos zonas de xogo para as súas idades en varios lugares; espazos para a práctica do deporta na propia vila e non nas aforas; reducir a presenza dos coches e aumentar as zonas naturais; crear parques específicos para animais e controlar os excrementos nas rúas; e pediron un compromiso coa non violencia e o non ás guerras.

 

O CEIP Rosalía de Castro, a súa ANPA e o CDR O VISO reivindican o seu compromiso cos Dereitos da Infancia, sobre os que están a traballar nun plan a longo prazo dentro do propio centro, dirixido á súa comunidade educativa. Por iso, queren contar co compromiso doutras institucións, entidades, asociacións e da comunidade limía no seu conxunto porque "se conseguimos unha vila e unhas aldeas pensadas para a infancia, viviremos mellor".

 

As actividades do 20 de novembro completáronse este luns cun encontro de alumnos de Formación Profesional Básica do IES Lagoa de Antela no CIX, onde se lles animou a defender os seus dereitos a través de internet e a participar no Buzón Cidadá da web do Concello de Xinzo.

photo1669719402
1 / 17

Os rapaces desprazáronse ata o Concello de Xinzo para presentar as súas peticións. | FOTOS: Noelia Caseiro.

photo1669719402 (7)
2 / 17
photo1669719414 (3)_Easy-Resize.com
3 / 17
photo1669719414 (4)_Easy-Resize.com
4 / 17
photo1669719402 (1)_Easy-Resize.com
5 / 17
photo1669719402 (2)_Easy-Resize.com
6 / 17
7 / 17
photo1669719402 (4)_Easy-Resize.com
8 / 17
photo1669719402 (5)_Easy-Resize.com
9 / 17
photo1669719402 (6)_Easy-Resize.com (1)
10 / 17
photo1669719414 (2)
11 / 17
photo1669719414 (1)
12 / 17

Entregaron o documento no Rexistro municipal.

photo1669719414
13 / 17
photo1669719413
14 / 17
photo1669719402 (9)
15 / 17
photo1669719402 (8)
16 / 17
A alcaldesa, Elvira Lama, recibiu ós cativos no seu despacho da Casa do Concello. | FOTO: CDR O Viso.
17 / 17

A alcaldesa, Elvira Lama, recibiu ós cativos no seu despacho da Casa do Concello. | FOTO: CDR O Viso.

NOTICIAS XINZO | Os nenos exercen o seu dereito a participar na vida social e política...