FOTOGALERÍA | Xinzo festexa o Día das Letras Galegas con premios para pequenos escritores

A expectación foi máxima na Praza Maior para entrega dos premios do concurso literario infantil e xuvenil. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Amador Díaz, líder de Alternativa por Xinzo de Limia (ÁXIL).
O historiador Edelmiro Martínez Cerredelo.
Xavier Casares, presidente da Fundación Carlos Casares.
Ricardo Sieiro, concelleiro do PP; Antonio Fernández, portavoz do PP de Xinzo; Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura; Xavier Casares; o escritor Rafael Laso e a alcaldesa, Elvira Lama.
O candidato á alcaldía polo BNG, Camilo Vila, tamén estivo presente.
Os cativos premiados no concurso de debuxo sobre Francisco Fernández del Riego amosaron os seus traballos.
O concelleiro José Alberto Martínez entregou o premio a un dos rapaces que participou no certame.
Amador Díaz tamén premiou a un dos cativos.
Elvira Lama entregou o seu recoñecemento a unha das concursantes.
Rafael Laso tamén premiou a algúns dos estudantes.
Xavier Casares foi outro dos que recoñeceu a unha das gañadoras.
Antonio Fernández tamén se encargou de premiar aos cativos.
Os cativos de 4º de Infantil do CEIP Carlos Casares gañaron cun debuxo do escritor limiao.
Outros dos premiados no concurso de narrativa infantil e xuvenil.

Esta mañá, Xinzo celebrou o Día das Letras Galega coa entrega dos premios do concurso literario infantil e xuvenil de narrativa curta Carlos Casares, no que se recoñeceu a máis dunha decena de traballos feitos por alumnos de Infantil, Primaria e da ESO. Tamén se premiou aos gañadores do certame de debuxo da Fundación Carlos Casares para rendir homenaxe ao Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedicou o día nesta ocasión.

Navea Gil, os alumnos de 4º de Infantil do CEIP Carlos Casares, María Sotelo, Xiana Dinís, Álvaro Méndez, Antón Rodríguez, Enma Rodríguez, Leo Rodríguez, Carla Simón, Javier Devesa, Noa Rodríguez, Iria Ramos e Shaila Franco foron os estudantes premiados en seis categoría diferentes do certame organizado polo Concello. Todos eles recibiron vales para mercar material escolar nas librarías de Xinzo como premio.

Os encargados de entregar os premios aos cativos foron a alcaldesa, Elvira Lama; os concecelleiros Ramiro Rodríguez, José Alberto Martínez, Amador Díaz e Ricardo Sieiro; o portavoz do PP e candidato á alcladía, Antonio Fernández; o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; e o escritor Rafael Laso. Posteriormente á entrega destes premios, presentouse a edición en ucraíno da publicación "A Galiña Azul", famosa obra do autor limiao Carlos Casares.

Mañá, os actos polo 17 de maio continuarán coa exposición ao público do libro “Diagnóstico poético. Os versos que levas dentro”, da poetisa, escritora e mestra Rochi Nóvoa. Será ás 20:00 horas no Auditorio de Xinzo. O escritor e profesor limiao Cándido Paniagua será o encargado de presentar a obra e o acto contará coa actuación musical do Coro Aimil.