NOTICIAS XINZO | A Feira do Comercio dá por iniciada a súa cuarta edición

A Feira do Comercio de ProLimia comezou este venres e rematará o domingo. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Concha Conde, presidenta de ProLimia, iniciou o acto inaugural.
A concelleira Cristina Campero acompañou ao delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén.
A Agrupación Musical da Limia puxo o toque musical deste inicio da feira.
O alcalde de Xinzo, Amador Díaz; e Gabriel Alén cortaron a cita para dar comezo a este evento.
O CDR O Viso conta cun espazo na feira.
Amador Díaz, Gabriel Alén e a xerente do Inorde, Emma González, participaron no acto inaugural.
Cistina Campero, a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez; a voceira do PSOE de Xinzo, Elvira Lama; e un dos concelleiros socialistas, Víctor Avilés.
O concelleiro de Xinzo e deputado no Parlamento de Galicia, Carlos Gómez, estivo entre os asistentes.
Emma González tamén cortou a cinta para dar inicio a esta feira.
O voceiro de BNG, Camilo Vila; e Amador Díaz conversaron no acto inaugural.
O director da Agrupación Musical da Limia, José Luis Tielas, dirixiu a actuación da formación.
O tenente de alcalde e voceiro do PP de Xinzo, Antonio Fernández; e a concelleira Ángeles Martínez tamén participaron.
Antonio Fernández acompañou a Emma González, ao presidente da Asociación de Floristas de Ourense, Jesús de Dios; e á presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.
Carlos Gómez, Beatriz Gómez, Concha Conde, Amador Díaz, Gabriel Alén, Emma González, o concelleiro Ricardo Sieiro, Ángeles Martínez, Camilo Vila, Manuel Pozo, Antonio Fernández, Cristina Campero, Susana Vázquez, Jesús de Dios, Elvira Lama e Víctor Álamo asistiron á inauguración.
Ricardo Sieiro, Ángeles Martínez, Camilo Vila, Manuel Pozo, Antonio Fernández, Cristina Campero e Susana Vázquez.
Beatriz Gómez tamén cortou un anaco da cinta para iniciar a feira.
A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, entre os asistentes.
Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, interviu no acto.
Amador Díaz e José Luis Tielas, director da Agrupación Musical da Limia.
A Escola Rural de Saúde da Limia dispón dun espazo dentro desta feira para dar a coñecer a súa actividade.

A Feira do Comercio de ProLimia iniciou esta mañá a súa cuarta edición cun acto inaugural ao que asistiron membros da corporación municipal de Xinzo, representantes doutro municipios da comarca, así como da Xunta, da Deputación ou da Federación de Comercio de Ourense. Concha Conde, presidenta de ProLimia, agradeceu a participación dos comerciantes e asegurou que "unidos farémonos máis fortes ante as dificultades que estamos a sufrir como comercio local".

Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, destacou a importancia deste tipo de iniciativas e de apoiar ao comercio local. Emma González, xerente do Inorde da Deputación, foi a seguinte en tomar a palabra e falou das dificultades que atravesa o sector e do que aporta para a economía e a sociedade, sendo un potente motor de dinamización.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, foi outro dos asistentes e puxo en valor o traballo que fai ProLimia. Por último, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, afirmou que esta feira está "consolidada" e destacou a importancia de que todas as institucións públicas colaboren activamente con este sector. Díaz aproveitou a ocasión para tender a man aos compañeiros de corporación, xunto coas institucións presentes, para "loitar por un edificio que nos permita albergar este tipo de eventos".

O acto rematou ao son da música da Agrupación Musical da Limia e cos representantes das institucións colaboradoras cortando a cinta para dar inicio a esta nova edición da Feira do Comercio da Limia, na que se dan cita case medio cento de establecementos e negocios da vila e da comarca. En paralelo, a feira conta cunha ampla programación para mellorar a experiencia de todos os asistentes.