A Xunta de Goberno deu luz verde ás subvencións

O programa A Terra do GDR Limia-Arnoia contará con 56.750 euros de apoio da Deputación | NOTICIAS XINZO

Luis Menor informou dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.

Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou este luns a concesión de 41 axudas por un importe total de 1.106.725,23 euros, destinadas tanto á cooperación cos concellos como ao apoio de iniciativas empresariais, sociais, culturais, deportivas e de desenvolvemento do territorio.

Dentro do bloque de colaboración con entidades, a institución provincial deu luz verde a 28 subvencións por valor de 538.850 euros, repartidas entre actividades empresariais, produtores, comerciantes, desenvolvemento rural, terceiro sector, profesionais sanitarios, Protección Civil, cultura e deporte.

Entre as achegas destinadas ao desenvolvemento rural, destaca a subvención de 56.750 euros para o GDR 10 Limia-Arnoia, destinada ao programa A Terra, distribuída en 21.750 euros para a anualidade de 2025 e 35.000 euros para a de 2026.

No mesmo apartado tamén se aprobaron 45.000 euros para o Consello Regulador da D.O. Monterrei, destinados aos gastos de funcionamento, ao servizo de apoio de técnicos vedores e á xestión das redes sociais; 10.000 euros para o Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia; outros 10.000 euros para a IXP Castaña de Galicia20.000 euros para a Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño10.000 euros para a Asociación de Comerciantes Celanova Chea e 3.000 euros para a Asociación Xuntanza de Micólogos Os Cogordos.

Durante a comparecencia posterior á reunión, o presidente da Deputación, Luis Menor, destacou que a institución continúa "dando resposta ás necesidades" trasladadas tanto polas administracións locais como polas entidades privadas, reafirmando a "decidida vocación municipalista" do Goberno provincial e os beneficios da colaboración público-privada.