Para conmemorar o seu V Centenario

Sandiás organiza unha visita guiada na Igrexa de Santo Estevo

Igrexa Santo Estevo na parroquia de Sandiás.

O Concello de Sandiás e a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia organizan unha visita guiada para conmemorar o V Centenario da Igrexa de Santo Estevo o próximo 24 de xuño ás 16:30 horas. Durará unha hora e o punto de encontro será na propia Igrexa. 

Esta actividade é gratuíta, pero é necesario facer unha inscrición previa. É obrigatorio levar máscara e recoméndase levar roupa e calzado cómodos para a actividade. 

Información: 

Para facer as reservas pódese chamar ao 988 44 08 31 (Ext. 1) ou enviando un mail a noemiad@xeitura.com