Casos Covid - 19

Trasmiras notifica un caso de coronavirus

Centro de Saúde de Trasmiras.

Despois de varios meses sen rexistrar casos de coronavirus no seu municipio, hoxe, dous de xullo, Trasmiras contabiliza un positivo en Covid - 19. Pese a que os indicadores da pandemia reflexan unha pequena subida de casos activos na contorna, a curva da incidencia manténse estable e os casos non supoñen un repunte importante para a Limia. No que respeta a Xinzo, esta localidade aínda segue con un caso dende onte.