Hai en total 21 casos activos en Xinzo

Xinzo suma dous positivos máis e Sarreaus notifica un caso de coronavirus

Centro de Saúde de Xinzo de Limia, Urxencias.
O índice de contaxios non deixa de aumentar en Xinzo de Limia. En 24 horas esta localidade sumou dous casos máis de Covid - 19, deixando así o marcador cun total de 21 positivos. Ademais, hoxe, o Concello de Sarreaus notifica un caso de coronavirus. Mentres tanto, Trasmiras e Os Blancos manteñen unha situción estable con un só positivo dende comenzos deste mes de xullo.