sábado. 27.04.2024
Investíganse contratos por valor de 20 millóns de euros

Dimiten o presidente e o vicepresidente de Montalegre trala súa detención por corrupción

Cámara de Montalegre.
Cámara de Montalegre.

O presidente da Cámara Municipal de Montalegre, Orlando Alves, e o seu vicepresidente, David Teixeira; foron detidos o pasado xoves como parte dunha operación contra a delincuencia económica e financeira, trala cal dimitiron dos seus cargos públicos, segundo informa o Diario de Chaves. Ademais, outro funcionario está imputado con eles, acunsándoos de delitos de asociación delituosa, prevaricación, aproveitamento indebido, falsificación de documentos, abuso de poder e participación económica en negocios.

A investigación da Policía Xudicial portuguesa sinala que existe "un volume global de procedementos de contratación pública, no período de 2014 a 2022, sospeitosos de adición en beneficio de determinados operadores económicos, por un valor que ascende ós 20 millóns de euros". Durante o operativo policial tamén se incautaron documentos relativos á práctica dos feitos e material informático.

Alves e Teixeira foron sometidos a un interrogatorio nestes últimos días no Tribunal de Instrución Criminal (TIC) do Porto e non se descarta que nas próximas horas se solicite a prisión preventiva para os dous.

Dimiten o presidente e o vicepresidente de Montalegre trala súa detención por corrupción