Naceu ás 6:25 horas deste domingo 1 de xaneiro

NOTICIAS A LIMIA | O primeiro ourensán do 2023 é de Baltar e chámase Neizan

Eva e Isidoro, os pais de Neizan, posan co se recén nacido e co persoal da Unidade de Neonatoloxía.

Neizan é o primeiro ourensán deste 2023. Naceu ás 6:25 horas deste domingo 1 de xaneiro no CHUO e pesou 2,53 kg. É o primeiro fillo de Eva Estévez e Isidoro Fernández, ambos con 36 anos e residentes na Boullosa

E o último ourensán foi un cativo da capital, que se chamará Xuño. Pesou 3,8 kg e é o primeiro fillo de Laura López. Xosé Antonio Miranda soubo que foi pai ás 23:24 horas do pasado 31 de decembro de 2022.