O lanzamento de pataca pechou os xogos cunha nova modificación do regulamento

AVANCE | As Olimpiadas Rurais rematan co triunfo do equipo de Vilar de Santos

O equipo Bregadoras GZ, na proba de turra-soga, que tamén gañou Vilar de Santos.

O equipo de Vilar de Santos resultou gañador final das Olimpiadas Rurais, celebradas este sábado na alameda do Toural de Xinzo de Limia nunha xornada de intensa actividade deportiva e intelectual (puntuaron competicións como o tute e o parchís). Aínda que finalmente dous equipos da ducia de inscritos non se presentaron á competición, os xogos populares, recuperados despois de dez anos sen se celebrar, reuniron case un cento de participantes e público entregado ás súas cores.

[Abaixo, vídeo das finais de loita, proba que resultou decisiva con dúas vitorias das mozas de Vilar de Santos, xusto antes do peche dos xogos co esperado lanzamento de pataca, que sufriu a terceira modificación nas súas normas do que vai de semana. As Olimpiadas remataron nunha foliada no mesmo escenario dos xogos.]

 

Carreira de relevos cronometrada (proba de cuchara con pataca) no inicio da xornada de tarde.