Ábrese lista de espera

Esgotadas as prazas para as clases de pádel en Xinzo

Prazas esgotadas para as clases de pádel nas pistas de municipais de Xinzo.

As prazas para as clases de pádel organizadas polo E.D.C. Xinzo en colaboración coa Concellería de Deportes e o Clube de Amigos do Tenis de Xinzo esgótanse nun tempo récord. Para todos aqueles que se quedaron con ganas e non chegaron a tempo de inscribirse, ábrese a lista de espera por si nalgún momento se producen baixas. O lugar onde se realizarán as clases será nas pistas de pádel municipais os martes e xoves as 19:30 ou as 20:30 horas.

Métodos de inscricións:

 

Para poder opter mais información ou para apuntarse hai que acudir a oficina do pavillón de deportes ou por correo electrónico a dirección deportesxinzodelimia@gmail.com