As clases comezarán o catro de outubro

NOTICIAS A LIMIA | Publicada a oferta deportiva da tempada 2021 - 2022 de Xinzo

Cartel da oferta deportiva desta tempada para o Concello de Xinzo.

A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia acaba de sacar á luz a oferta deportiva que se levará a cabo na vila durante esta tempada 2021 - 2022. En total ofrécense 13 actividades de diversa índole, as cales están rexidas pola súa correspondente asociación, escola ou club. Estímase como data de inicio o catro de outubro, aínda que poderían realizarse modificacións.

A continuación expóñense os cursos dispoñibles que oferta o concello:

  • Atletismo: organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva. Poden inscribirse os nados no 2015 e en anos anteriores. O horario de clase será os martes e xoves ás 17:15 horas.
  • Bádminton: dirixido polo Club de Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia. A matriculas están dispoñibles para os nados no 2013 e en datas anteriores. As clases realizaranse os vernes ás 18:00 horas.
  • Baloncesto: levado a cabo pola Asociación de Baloncesto de Xinzo. Aberto para os nados en 2016 e en anos anteriores. Os horarios de adestramento deben ser consultados na organización.
  • Capoeira: impartido polo Club Deportivo Andaruê. Poden inscribirse os nados no 2016 e en anos anteriores. Os grupos faranse según idade e nivel e as clases serán os mércores e venres dende as 17:00 horas.
  • Fútbol: dirixido polo Club de Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia. Poden matricularse os nados no 2016 e en datas anteriores. O horario debe ser consultado.
  • Aerobic - zumba: coordinado pola Concellería de Deportes de Xinzo de Limia. As sesións levaranse a cabo os luns e xoves de 19:30 a 20:30 horas.
  • Pádel: organizado pola CTX para todos os nados no 2012 e en anos anteriores. As clases serán os luns ou mércores a partires das 17:30, e crearanse grupos de adestramento según a idade e o nivel.
  • Kárate: impartido polo Club de Kárate de Xinzo de Limia para os nados ano 2016 e anteriores. Os inscritos serán agrupados según o nivel e a idade. O horario do curso será os martes e xoves a partir das 18:00.
  • Educación física de base: dirixido polo Club de Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia para os nados nos anos 2017 e 2018. As clases serán os luns e mércores ás 16:00 da tarde.
  • Tenis: impartido por CTX para todos os nados no 2012 e anos anteriores. As sesións serán os martes e xoves a partir das 17:30, agrupando aos matriculados por idades e nivel.
  • Ximnasia: organizado polo Club de Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia para os nados nos anos 2016 e anteriores. Formaránse grupos por idade e nivel e asistirase os luns e mércores.
  • Natación: coordinado pola Concellería de Deportes de Xinzo de Limia. As clases impartiranse un día á semana e serán según a idade e o nivel co que se conte.
  • Ximnasia de mantemento: levado a cabo Concellería de Deportes de Xinzo de Limia. As sesións terán lugar os luns e xoves ás 10:30 horas.

Para realizar as inscricións nas clases de natación, aerobic - zumba, ou ximnasia de mantemento, débese chamar ás piscinas climatizadas do concello -988 55 05 07- ou ben asistir presencialmente ás mesmas. Para o resto de cursos pódese escanear o código QR exposto no cartel oficial compartido pola Concellería de Deportes nas súas redes sociais e cubrir o formulario que contén. Tamén está a opción de acudir presencialmente á oficina do pavillón de deportes de Xinzo ou realizar unha chamada telefónica -988 46 10 20-, e a de escribir ao correo electrónico deportesxinzodelimia@gmail.com.

Debido á situación pandémica actual, tódalas actividades estarán rexidas baixo os protocolos de prevención municipais e según o requerimento de cada escola deportiva. As medidas implantadas poderán sufrir modificacións según o nivel de restricións no que se atope o concello. Por exemplo, algúns dos cursos poderían verse afectados e ter que limitar o número de prazas.