O río das augas vermellas
Cando camiño polas rúas estreitas da parte vella de Burdeos sempre teño a dúbida de saber si realmente estou nesa rexión do suroeste de Francia onde a xente fala co acento cadencioso da Gascuña medieval que vocaliza todas as consonantes –o revés dos parisinos que escollen a mais fácil de pronunciar–. ¡Non o teño claro!
Ás veces penso que aínda non crucei a ponte de Santiago que une as cidades de Hendaya e Irún. A incerteza é turbadora porque o que sona nos beizos dos transeúntes que recorren a concorrida rue Sainte Catherine, no mismísimo centro de Burdeos, non é a lingua do insigne escritor Jean Baptiste Poquelin, alias Molière, senón a fala cristalina de outro dramaturgo que se deu a coñecer a través dun personaxe estrafalario que moraba nunha aldea "cuyo nombre no quiero recordar".
A fin de semana, a parte vella de Burdeos parece un barrio falangueiro de Donostia onde se mesturan alegremente o francés, o euskera e o castelán. Outra extrañeza podemos alegar cando tapeamos polo "Antiguo" en San Sebastián e ocorre a mesma situación –pero o envés– como si estiveramos na xa mencionada rúa Sainte Catherine. Este ambiente alegre solo podemos atopalo nas ribeiras do Garona; o rio caudaloso que nace no Val de Aran e que, por una estraña casualidade histórica debida o Tratado dos Pireneos, firmado polo Valido de Felipe IV, Don Luis López de Haro: un fidalgo que andaba algo desvalido cando entregou na minúscula illa dos Faisans –no medio do rio Bidasoa– parte de Cataluña e un anaco de Aragón a Luis XIV, alcumado Le Roi Soleil. ¡Nada menos!
O manancial do río que xurde o pé do Pico de Aneto non respecta fronteiras xa que flúe con obstinación supranacional polas terras francas para verter as súas aguas vermellas nese mar que por eiqui chaman "Golfo de Gascuña". (A pesar de todo, sería xusto aclarar que polas ribeiras do rio Garona, –como na beira do Limia– os golfos non existen "pero haberlos haylos").
"Andar de viños" é algo raro por terras galas –deixando aparte Burdeos–. Os franceses non son dados a nosa veneración taberneira do dios Baco. Cando van de copas, prefiren outra bebida que sempre se asimila o norte de Europa, –a pesar das probas arqueolóxicas que sitúan a orixe da cervexa na Gallaecia castrexa–.
Queda claro que o turismo enolóxico que abunda na rexión de Nova Aquitania é un destino moito concorrido para catar os famosos Grands Vins de Bordeaux. A vide está por todas partes con Chateaux tan prestixiosos que algunhas botellas de Saint Emilion ou de Pomerol chegan a custar un Potosí. O atractivo monumental desta vila, –así como a movida festeira–, situase o arredor da Place du Parlament. Aquel Parlamento tan singular que tivo fama no século XVI por ser presidido polo filósofo Michel de Montaigne e –sobre todo– polo seu amigo Etienne de la Boetie; famoso escritor e precursor do pensamento ácrata e libertario co seu libro "A servidume voluntaria".
Proximamente, falarei dun Burdeos descoñecido que medrou ca trata de escravos xa que esta cidade non só exportaba viños. Os propietarios das grandes propiedades vinícolas –señoritos de renome– tamén mercaban "Madera de Ébano"…