Só hai catro casos

Baixan os casos de Covid - 19 en Xinzo

Centro de Saúde de Xinzo de Limia, Urxencias.

Cando parecía que a curva de contaxios de coronavirus aumentaba día tras día en Xinzo de Limia, hoxe, 16 de xuño, a situación asemellase bastante distinta nesta contorna. O informe que emite o Sergas notifica a baixada de dous casos activos en Xinzo. Polo tanto, esta localidade queda en catro persoas diagnosticadas de Covid - 19.

Mentres tanto, Vilar de Barrio segue con un só caso activo e o resto de concellos da comarca da Limia manteñen o seu contador a cero dende comenzos deste mes de xuño.