Cursos desde os seis anos de idade

O Conservatorio abre a inscrición nos cursos preparatorios e ensinanzas oficiais de música para o curso 2026-2027 | NOTICIAS XINZO

Actuación do Conservatorio de Xinzo na Praza da Música. | FOTO: Noelia Caseiro.

Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia iniciou o período de inscrición para o curso académico 2026-2027, dirixido a alumnado de diversas idades interesados en iniciar ou continuar os seus estudos musicais.

Para a infancia de 6 e 7 anos, o centro dispón de cursos preparatorios de Música e Movemento (6 anos) e Iniciación Musical (7 anos). O prazo para formalizar a matrícula nestas actividades estará aberto ata o 22 de setembro de 2026 ou ata completar as prazas dispoñibles.

 

Así mesmo, o centro convoca as probas extraordinarias de acceso para as ensinanzas oficiais:

  • 1º Grao Elemental: O prazo de matrícula remata o 8 de setembro de 2026, realizándose as probas de acceso o 9 de setembro de 2026.

  • 1º Grao Profesional: A inscrición permanece aberta ata o 7 de setembro de 2026, coas probas fixadas para o 8 de setembro de 2026.

  • Cursos Intermedios de Grao Elemental e Grao Profesional: A inscrición remata o 7 de setembro de 2026 e os exames celebraranse o 8 de setembro de 2026.

O alumnado de Grao Profesional conta coa opción de solicitar becas nas ensinanzas oficiais de música, ademais de beneficiarse da posibilidade de convalidacións entre materias da E.S.O., o Bacharelato e os estudos oficiais do conservatorio.

 

As persoas interesadas poden solicitar máis información na secretaría do centro en horario de 15:00 h. a 21:00 h., ou ben a través dos teléfonos 698 13 74 92 e 600 43 56 55, e do correo electrónico cmus.profesional.xinzo@edu.xunta.es.