Dende hoxe ata ó 17 de xuño

O Conservatorio abre o prazo para as probas de acceso ao primeiro curso de Grado Profesional

Probas de acceso para o primeiro curso de Grado Profesional do Conservatorio de Xinzo.

O Conservatorio de Música de Xinzo de Limia abre o prazo de matrícula para as probas de acceso ao primeiro curso de Grado Profesional. Os exames celebraranse dende o 21 ao 23 de xuño. As especialidades musicais ofertadas son acordeón, clarinete, flauta traveseira, guitarra, piano, saxofón, vento metal e violín. 

Contacto

A atención ao público é de luns a venres de 15:30 á 20:30 horas. 

  • De maneira telemática chamando aos números 698 13 74 92 ou ó 600 43 56 55 ou enviando un email a cmus.profesional.xinzo@edu.xunta.es
  • De forma presencial no conservatorio solicitando cita previa nos teléfonos ou no correo do conservatorio.