Só hai un caso

Os contaxios volven baixar en Xinzo

Centro de Saúde de Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo de Limia volve a rexistrar unha baixada de casos activos na localidade. Despois de unha tendencia a subida dende o pasado día seis ata o 15 deste mes de xuño, o marcador de Covid - 19 volve a amosar unha situación estable e favorable en toda a Limia. Pois a día de hoxe, Xinzo só contabiliza un caso diagnosticado de coronavirus. 

O resto de municipios da Limia están todos libres de Covid. Vilar de Barrio deixou de ter coronavirus dende onte, 23 de xuño. Arrastraba un contaxiado dende comenzos de mes.