A Deputación incorpora un botón de lectura en voz alta á súa web para mellorar a accesibilidade | NOTICIAS OURENSE
A Deputación de Ourense incorporou á súa páxina web unha nova funcionalidade destinada a reforzar a accesibilidadedos seus contidos. Trátase do botón "Escoitar", unha ferramenta que permite a lectura en voz alta dos textos publicados no portal provincial.
A nova prestación supón un avance especialmente relevante para as persoas con discapacidade visual ou con dificultades de lectura, ao permitirlles acceder aos contidos da web de maneira máis cómoda, autónoma e inclusiva.
Coa incorporación desta ferramenta, a institución provincial continúa avanzando na súa aposta por unha administración máis accesible, próxima á cidadanía e comprometida coa igualdade de oportunidades no acceso á información pública.
A funcionalidade xa está dispoñible para todos os usuarios do portal provincial.