O catálogo está dispoñible en librarías e na web da institución

A Deputación presenta na Feira do Libro as obras do Plan de Publicacións 2025 | NOTICIAS OURENSE

A Deputación de Ourense presenta as obras do seu Plan de Publicacións na Feira do Libro de Ourense.

O presidente da Deputación de OurenseLuis Menor, presentou este mércores no marco da Feira do Libro de Ourenseas obras editadas ao abeiro do Plan Anual de Publicacións 2025, ao que a institución provincial destina un orzamento de 100.000 euros. Acompañouno a xefa do Negociado de PublicaciónsAna María Malingre.

Menor reivindicou a Deputación como unha "editorial científica e cultural" que blinda a memoria colectiva da provincia e achega "ferramentas vivas, fontes de coñecemento das que van a beber profesionais do turismo, da educación, da historia e da xestión cultural".

O presidente Luis Menor e os autores das obras do Plan de Publicacións 2025 na Feira do Libro de Ourense.

O Plan de 2025 garante a continuidade de cabeceiras como a revista Raigame e o Anuario da Gaita, así como as publicacións do premio Pura e Dora Vázquez. Entre as monografías e reedicións destacan a segunda edición de Chandrexa de Queixa. Patrimonio Natural, de Luis José Rodríguez RodríguezRamón Conde. Entre las emociones y la razón, de Mercedes Gallego Esperanza; e Paseniño pola Vía da Prata, de Manuel Garrido Rivero e María Eugenia Muñoz Fernández.

No eido da investigación, o catálogo inclúe A obra da Ponte Maior no século XV, de Anselmo López CarreiraA Virxe do Cristal. Lenda, roubo, asasinato, coordinado por Xosé Manuel del Caño González; e A praza Maior de Auriabella, de Fernando Román Alonso. Completan o plan a análise de Carlos Lozano González sobre Carlos Taboada Tundidore a CEDA na Segunda República; Rabia, sanidad y sociedad. Ourense 1885-1936, de David Simón Lorda e Ana Rúa; e Curros e Junqueiro: a liberdade e o espírito, de Henrique Manuel Pereira e Lourdes Maceiras.

O presidente lembrou a evolución do servizo de publicacións desde os seus inicios en 1969 —coa primeira obra sobre a ponte romana asinada por Manuel Chamoso Lamas—, pasando polo Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo e a xestión de José Platero, ata a modernización de 2013 cunha ordenanza que outorgou o peso da selección a un Consello Asesor no que participan a Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, a UNED e a Real Academia Galega.

Menor avanzou que o Plan de Publicacións de 2026 xa está en marcha con outros 100.000 euros de orzamento. Todo o catálogo editorial está dispoñible na biblioteca da Deputación, na web publicacions.depourense.es e en calquera libraría de Galicia a través das distribuidoras Galaxia e Alcantarilla.