Plan Estratéxico do Comercio de Ourense

Elvira Lama reclama un reparto equitativo de Baltar as asociacións de comerciantes de Ourense

Elvira Lama reclama axudas para as asociacións de comerciantes de Ourense.

A grave crise derivada pola pandemia da Covid - 19 afectou de cheo aos comercios locais da provincia de Ourense. Para paliar esta situación, o Concello de Xinzo de Limia continúa co seu plan de axudas aos autónomos e comerciantes da vila. A última proposta foi a aprobación da devolución da taxa do lixo do 2020 aos autónomos da vila no pleno do 11 de xuño. 

Con iso, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, acompañada por outros compañeiros de partido, solicitou, dende a Praza Maior da localidade, a creación dunha liña de axudas para as asociacións de comercio local da provincia baixo unhas condicións de "trasparencia, igualdade e equidade". 

Os socialistas suxiren que esta idea é para poñer fin aos "repartos a dedo" de Baltar dende a Deputación de Ourense.  Ademais, este grupo político demandará, na próxima sesión plenaria de xuño na Deputación de Ourense, o Plan Estratéxico do Comercio de Ourense en colaboración coas asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos. 

Lama asegura que con estas iniciativas o que se pretende é favorecer ao comercio porque "está a atravesar un momento crítico e moi difícil en todo o país, pero especialmente nesta provincia". Asimismo, dende o PSdeG - PSOE critican o "nulo" papel do Goberno de Baltar neste sentido asegurando que moitos presentaron iniciativas ante a Deputación Provincial e o único que obtuveron foi "a calada por resposta".