Do 17 ao 20 de xullo

NOTICIAS XINZO | O Concello aposta por recuperar o esplendor das festas da patroa

Ricardo Sieiro, concelleiro de Festexos e Amador Díaz, alcalde do Concello de Xinzo de Limia.

A vila de Xinzo de Limia vive xa a conta atrás para celebrar as Festas de Santa Mariña 2025, que terán lugar entre o 17 e o 20 de xullo cunha programación pensada para todos os públicos, combinando grandes orquestrasactividades populares e momentos de convivencia no corazón da vila.

 

O programa aposta por recuperar o esplendor das festas patronais, cun cartel musical de primeiro nivel que inclúe formacións tan recoñecidas como NebraskaPanorama – Epic TourAmérica S.L.La Misión ou Tango, entre outras. Ás orquestras súmanse sesións vermú, discotecas móbiles e propostas como o Summer Sound 2025, que porá o punto e final ás celebracións cunha noite chea de música e animación.

 

venres 18, Día da Patroa, será a xornada máis simbólica, coa tradicional misa e procesión acompañada polas bandas locais AMDL e BDG, e co regreso dun dos elementos máis queridos da tradición: os xigantes e cabezudos, que volverán percorrer as rúas ao ritmo da Bandiños Band. Esa mesma noite, a gran festa da escuma animará á mocidade antes dos concertos.

 

Durante catro días, as rúas e prazas de Xinzo converteranse nun punto de encontro para veciñanza e visitantes, que poderán gozar tamén da II Color Party, actividades infantís, campionatos populares e sesións vermú ao aire libre.

Cartel das Festas de Santa Mariña en Xinzo de Limia.

 

Xoves 17

 

  • Orquestra América S.L.

    América S.L actuará nas festa de Xinzo de Limia.
  • Disco móbil Apocalipsis on Tour

    Disco móvil Apocalipsis on Tour. | FOTO: @apocalipsis_on_tour

 

 

Venres 18 – Día da Patroa Santa Mariña

 

  • Alborada con Bandiños Band polas rúas e prazas

  • Misa e procesión na honra da patroa de Xinzo de Limia, acompañada polas bandas AMDL e BDG de Xinzo de Limia

    Procesión da Santa Mariña en Xinzo.
  • Ambientación musical na Praza Maior e pasarrúas coa Bandiños Band acompañada polos Xigantes e Cabezudos

    Xigantes e cabezudos de Xinzo de Limia.
  • Gran Festa da Escuma

  • Orquestra Nebraska

    A orquestra local volve actuar nas festas patronais da vila. | FOTO: @nebraskagrupo.
  • Orquestra Panorama Epic Tour

Orquestra Panorama.

 

Sábado 19

 

  • Sesión vermú con Lethx Sound

  • II Color Party Santa Mariña 2025

    I Color Party no Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.
  • Orquestra La Misión

    Orquesta La Misión.
  • Disco móbil La Duendeneta

  • Campionato de Futbolín

 

 

Domingo 20

 

  • Sesión vermú con La Duendeneta

    Xira do mes de xullo da Duendeneta.
  • Actividades para a cativada

  • Orquestra Tango

  • Summer Sound 2025: Apocalipsis on Tour, Paulo Seoane, Alex Martínez, Saúl Gallego e Pancho DJ