De luns a domingo en horario de 12:30 a 20:30

NOTICIAS XINZO | Mércores día 2 piscinas exteriores modo ON

Piscinas municipais de Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo de Limia abre a tempada estival das piscinas municipais descubertas este mércores 2 de xullo, a partir das 12:30 horas. As instalacións permanecerán abertas durante os meses de xullo e agosto, cun horario continuado de 12:30 a 20:30 horas, de luns a domingo.

Como medida complementaria, o Concello manterá operativa a piscina climatizada durante o mes de xullo, nun horario reducido de 07:00 a 12:00 horas, para atender as necesidades das persoas que precisen este servizo por prescrición médica ou preferencia persoal. A climatizada pechará en agosto para as tarefas de mantemento.

O obxectivo desta medida é garantir o acceso á práctica deportiva en condicións adecuadas para todos os públicos, ofrecendo unha alternativa accesible para quen a necesite.

 

Prezos das entradas individuais:

 

 

  • Ata 4 anos: entrada gratuíta

  • De 4 a 16 anos: 1,60 €

  • De 16 a 65 anos: 2,30 €

  • Maiores de 65 anos: 1,60 €

 

Prezos dos abonos de tempada:

 

 

  • Ata 16 anos e maiores de 65 anos: 15 €

  • Maiores de 16 anos: 30 €

  • Abono familiar: 60 €

Desde o Concello de Xinzo anímase á veciñanza e visitantes a gozar das piscinas como espazos de lecer, saúde e convivencia durante o verán, lembrando a importancia de facer un uso responsable das instalacións e seguir as indicacións do persoal.