Hai en total 13 casos activos

Xinzo duplica o número de casos en dous días

Centro de Saúde de Xinzo de Limia.
O Concello de Xinzo de Limia aumenta día a día os seus casos de Covid - 19. En dous días a localidade duplicou os casos activos, chegando así a un total de 13 persoas infectadas de coronavirus a día de hoxe. Mentres tanto, os municipios de Os Blancos e Trasmiras mantéñense con un caso. O resto da contorna da Limia non rexistra ata o momento ningúnha persoa infectada.