No casco urbano e no rural

Xinzo limpa máis de mil contedores

Limpeza de contedores en Xinzo de Limia.

Os contedores do casco urbano e do rural de Xinzo foron sometidos a un proceso de  limpeza nos últimos días. Os encargados destas tarefas foron os operarios da Deputación de Ourense. Esta acción realízase unha vez ao ano na totalidade dos recipientes do municipio e unha segunda vez nos do núcleo urbano. 

En total, limpáronse 720 de cor verde e 307 amarelos.