Evento
AXENDA | O CIM Móbil da Xunta de Galicia achega os seus servizos de atención e asesoría ás mulleres de Baltar
12/6/26
Baltar.
9 de junio de 2026, 19:40
A Xunta de Galicia, a través do seu servizo CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres), desprazará a súa unidade itinerante ao municipio de Baltar o vindeiro venres 12 de xuño de 2026. A atención realizarase diante do Concello de Baltar, en horario de 09:30 a 14:00 horas.
O CIM Móbil ofrece servizos de atención, asesoría e acompañamento a mulleres, co obxectivo de achegar os recursos de información e orientación do Centro de Información ás Mulleres aos municipios rurais da provincia. A iniciativa conta co respaldo do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
