martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | Magosto popular en Baltar

8/11/25
20:00
Baltar

Este sábado, 8 de novembro, a Baltar celebra o seu Magosto cunha gran cea popular. A cita terá lugar a partir das 20:00 horas e contará con animación da man de As Xeitosiñas de Baltar e a Escola de Música de Baltar.

O menú está formado por empanada, costela, chourizo, touciño, bica e por suposto, castañas. 

E importante que quen queira asistir anote a súa participación ou ben presencialmente no Concello de Baltar ou contactando co 988 46 65 03.