martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | O Museo da Limia afonda na represión franquista coa incorporación de Carlos Morais á súa Biblioteca

10/1/26
18:00
Museo da Limia
WhatsApp Image 2026-01-07 at 16.54.59
Carlos Morais, protagonista da xornada sobre memoria histórica en Vilar de Santos.

O vindeiro sábado 10 de xaneiro, o Museo da Limia en Vilar de Santos acollerá un acto de gran calado cultural e histórico baixo o título "A Presenza da Memoria". O evento servirá para oficializar a incorporación do historiador e ensaísta Carlos Morais á Biblioteca da Limia.

Durante a xornada, o propio Morais, actual presidente do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, impartirá a conferencia "A represión franquista e a resistencia organizada no Val do Limia". O acto contará tamén coa presentación de Xosé Manuel Pérez Bouza, membro do Consello Asesor do Museo.