miércoles. 24.06.2026

Evento

AXENDA | O Tangaraño Cultural chega á súa XIII edición en Sobradelo con actuacións, xogos e mercadillo

30/5/26
12:00
Sobradelo, Xunqueira de Ambía.
Cartel da XIII edición do Tangaraño Cultural de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía.
Cartel da XIII edición do Tangaraño Cultural de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía.

Sobradelo, no municipio de Xunqueira de Ambía acollerá este sábado día 30 a XIII edición do Tangaraño Cultural de Sobradelo, un encontro de referencia no panorama cultural da comarca que ao longo de trece anos se consolidou como un espazo de convivencia, creación artística e recuperación da identidade galega.

O programa arrinca ao mediodía coa actuación de A Tribu e continúa coa presenza de As Comadres das Letras e María A. Landesa. Pola tarde, a programación incorpora a proxección da curtametraxe de Bocixa Rei en sesión sen título, seguida da actuación conxunta de Armando González e Xurxo Nóvoa xunto ao espectáculo A xurela qarapau.

A partir das 17:30, o cartel continúa con Daniel Soldevilla, ao que suceden Andrés Fernández e a proposta de Ad livitum xunto a Vanessa Hensel. As últimas horas da tarde e primeiras da noite estarán protagonizadas por Cana Verde Roberto Sobrado Grupo, mentres que Maskarpone tomará o escenario xa entrada a madrugada, rematando a xornada cunha Jam Session aberta.

Ademais das actuacións musicais, a edición deste ano contará con xogos popularesartistas debuxando en directo e un mercadillo que se manterá durante toda a xornada. O evento ofrece tamén a posibilidade de xantar e cear a prezos económicos. A organización confirma que a entrada é de balde.

Concello de Xunqueira de Ambía colabora na organización desta edición, que se celebra no lugar de Sobradelo.