Evento
AXENDA | O campus multideporte regresa a Xinzo para fomentar o deporte entre a cativada na Semana Santa
O Concello de Xinzo de Limia, a través da súa Concellería de Deportes, organiza unha nova edición do campus multideporte Ociosaúgal, unha proposta lúdica e saudable dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá durante as vacacións de Semana Santa.
A actividade terá lugar os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril no Pavillón Municipal, en horario de 10.00 a 14.00 horas, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar ao tempo que se promove a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables entre a infancia.
O campus inclúe camiseta conmemorativa, diploma, seguro médico privado e a supervisión de monitores titulados e con experiencia. Ao longo das xornadas, os participantes poderán probar diferentes disciplinas como atletismo, escalada, fútbol sala, baloncesto, baile e outros xogos deportivos.
As inscricións poden realizarse a través da web de Ociosaúgal ou de forma presencial no Pavillón de Deportes de Xinzo. Para máis información, as familias poden contactar no teléfono 664 518 705.
Desde o Concello animan ás familias da comarca a participar nesta iniciativa que combina diversión, deporte e socialización.
