Evento
AXENDA | O BNG de Xinzo organiza unha xornada de patrimonio e música no Castelo de Pena
O BNG de Xinzo de Limia anunciou a celebración dunha xornada de encontro, conversa e descuberta no Castelo de Pena, unha actividade que terá lugar o domingo 26 de xullo ás 12.00 horas e coa que busca achegar á cidadanía o patrimonio cultural e natural da contorna.
Segundo informou a formación nacionalista, durante a xornada participarán Manolo Seoane, que ofrecerá unha aproximación ao patrimonio cultural, así como Samuel Formoso, de Vilar de Gomareite, e Anxo Suárez, de Morgade, que compartirán diferentes achegas relacionadas co patrimonio natural.
A programación inclúe tamén a actuación musical de Mirian Opazo, encargada de poñer o acompañamento musical ao encontro.
O BNG de Xinzo sinala que a iniciativa pretende favorecer o coñecemento do patrimonio da zona e destaca que "coñecer o noso patrimonio é tamén unha maneira de manter viva a nosa identidade".
