Evento
AXENDA | Re-habita Rural Lab regresa a Porqueira con asesoramento gratuíto sobre rehabilitación de vivendas e axudas públicas
17/6/26
15:30
Casa do Concello, Porqueira.
10 de junio de 2026, 10:11
O Concello de Porqueira, en colaboración con Re-habita Rural Lab e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, organiza unha nova xornada de asesoramento gratuíto sobre rehabilitación de vivendas rurais o próximo mércores 17 de xuño na Casa do Concello de Porqueira, en horario de 15:30 a 20:00 horas.
Con 170 asesoramentos xa realizados en edicións anteriores, o servizo resolve principalmente dúbidas sobre axudas públicas e subvencións, que segundo os datos da organización representan o 60% das consultas. O equipo tamén orienta sobre como afrontar rehabilitacións ou sobre como poñer en valor propiedades cedendo o seu uso.

