Evento
AXENDA | A forza das mulleres da Limia únese no 8M para celebrar, reivindicar e compartir en Rairiz de Veiga
A Comarca da Limia conmemora o Día Internacional das Mulleres cun encontro aberto, participativo e cheo de vida no que se poñerá en valor o papel fundamental das mulleres no tecido social, cultural e económico do territorio.
Baixo o lema “Somos as que sosteñen”, a xornada terá lugar o 8 de marzo de 2026 no CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, cun programa que combina convivencia, reflexión e lecer. A mañá comezará cunha recepción e almorzo, seguida da benvida institucional e diferentes intervencións, proxeccións audiovisuais e unha mesa de conversa entre mulleres da comarca.
A cultura tamén terá o seu espazo co teatro do grupo Os Barallocas, a lectura do manifesto con acto conmemorativo e a actuación de gaitas. A xornada pecharase cun xantar popular e baile para compartir e celebrar xuntas.
O prezo da inscrición é de 30 euros, incluíndo menú completo.
Un día para escoitar, lembrar, reivindicar e seguir tecendo rede entre todas.
