Evento
AXENDA | Rochi Nóvoa e Xosé Eladio achegan os seus Versos brancos a Sandiás
27/6/25
a
31/7/25
20:30
Sala exposicións, Casa da Cultura de Sandiás
25 de junio de 2025, 16:48
A Casa da Cultura de Sandiás acolle do 27 de xuño ao 31 de xullo a exposición de pintura "Versos brancos", unha mostra conxunta dos artistas Rochi Nóvoa e Xosé Eladio.
A inauguración terá lugar o venres 27 ás 20:30 h. A sala permanecerá aberta de martes a domingo a partir das 16:00 h. A proposta, organizada polo Concello de Sandiás dentro do programa Verán en Sandiás 2025, convida a mergullarse nun universo de emoción e cor a través da mirada de dous creadores con personalidade propia.
