Evento
AXENDA | Magosto popular en Vilar de Barrio
1/11/25
20:00
Pavillón Municipal de Vilar de Barrio
O Concello de Vilar de Barrio celebra o seu tradicional Magosto o venres 1 de novembro ás 20:00 horas, no Pavillón Municipal.
O evento ofrecerá un menú típico do outono con castañas asadas, chourizos, costela asada, viño e pan, nun ambiente festivo arredor do lume e da boa compañía.
Prezos:
-
Público xeral: 10 €
-
Menores de 14 anos: 5 €
As entradas poden adquirirse no Concello e nos bares de Vilar de Barrio ata o 29 de outubro. O aforo é limitado, polo que se recomenda facer a reserva con antelación.
