miércoles. 20.05.2026

Evento

AXENDA | A Arca da Noe cumpre 11 anos de cultura viva e compartida

26/7/25 a 26/7/25
13:00
Espazo do Concello (Carabuñas), Vilar de Santos
A Arca da Noe celebra o seu XI Aniversario.
A Arca da Noe celebra o seu XI Aniversario.

A Arca da Noe celebra o seu décimo primeiro aniversario este sábado, 26 de xullo, no Espazo do Concello (Carabuñas) de Vilar de Santos cun programa cheo de música, comida e festa.

Desde as 13:00 h haberá tabernarias e comida popular, e a partir das 16:30 h sucederanse os concertos de As Xingras da Arca, Karmento, O Sonoro Maxín e VerterGz.

O prezo da xornada completa, con comida e concertos, é de 25 euros para persoas adultas e 15 euros para crianzas.

As reservas poden facerse vía WhatsApp e Instagram.

A Arca da Noe celebra o seu XI Aniversario.
A Arca da Noe celebra o seu XI Aniversario.