Evento
AXENDA | A Fraga de Antela celebra os 12 anos de Arca da Noe con música en directo e xantar popular
A Fraga de Antela acollerá este sábado, 1 de agosto, a partir das 13.00 horas, a celebración do 12º aniversario de Arca, nunha xornada festiva que combinará música en directo, gastronomía e convivencia.
O programa inclúe as actuacións de Habelas Hainas, As Xingras da Arca, A Pedreira, Kornucopia e Sophie Simonds e banda, que amenizarán a celebración ao longo da xornada.
Ademais, ofrecerase un xantar popular cun menú composto por primeiro prato para todos os asistentes e un segundo a elixir entre roast venison con arroz ou filete recheo de seitán como opción vegana. A sobremesa será marmelada de mazá.
O prezo do menú é de 28 euros por persoa (con vaso conmemorativo, 40 euros) e de 15 euros para nenos e nenas de ata 12 anos.
As persoas interesadas poden realizar a súa reserva chamando ao 699 486 282.
