miércoles. 20.05.2026

Evento

AXENDA | Os 80 anos dunha marca do país

5/7/25 a 5/7/25
11:45 a 13:30
Museo da Limia, Vilar de Barrio
Gasosas da Limia, 80 aniversario.
Gasosas da Limia, 80 aniversario.

O Museo da Limia acolle este sábado 5 de xullo, ás 11:45 h, un acto público con motivo do 80 aniversario da fundación das Gasosas Berardo Méndez, coñecidas popularmente como “as gasosas de Sandiás”. O evento incluirá unha conversa na taberna, onde familiares, historiadores e coleccionistas falarán da historia, do impacto social e do valor emocional desta bebida feita na comarca. Ao remate, haberá viño con gasosa para as persoas asistentes.

Gasosas da Limia, 80 aniversario.
Gasosas da Limia, 80 aniversario.